INFO:
O Ollo de Polisemo é un encontro de carácter bienal e itinerante que se creou para salvar a brecha que adoita existir entre o mundo universitario e o mundo profesional e está destinado ao alumnado de estudos de Tradución e Interpretación. Cada ano téntase proporcionar aos asistentes unha panorámica dos procesos que implica a tradución editorial desde o punto de vista de tradutores profesionais, algúns dos cales pasaron polas aulas desas mesmas facultades e outros conxugan a profesión coa docencia.
UVigoTV - As engrenaxes do Libro I